Español | Galego

SEDEGA colabora na celebración do Día do Peón 2011

Ampliar nova >>

Sedega

SERVICIOS DEPORTIVOS GALICIA S.L. é unha empresa dedicada á Xestión do Lecer, tanto nos seus vertentes físico-desportivos e culturais como de mantemento de instalacións.

Inicia a sua andadura en 1.990, coa xestión e desenvolvo de servizos desportivos privados e públicos, príncipalmente servizos municipais de desportes da Bisbarra (Narón, Fene, Neda, A Cape-a na actualidade, e con San Sadurdiño, Somozas, Valdoviño, etc...), Diputación de A Coruña (Lar Infantil de Ferrol), IMSERSO (CAMF de Ferrol), Asociacións Socioculturais, APAS, etc.

Novas

08/11/2011
??? Imagen[1]/Alt ???

SEDEGA, dentro da sua liña de apoio ás iniciativas deportivas e culturais comprometidas coa nosa identidade, colabora con Brinquedia e o Concello de Fene para a organización, o vindeiro venres 11 de Novembro, do Día do Peón. Nesta ocasión, centos de nenos e nenas de Fene, A Capela, Ferrol e outras localidades daranse cita nas Pistas Polideportivas de Perlío para interactuar no Acto Central programado. Decoración de peóns, fabricación de bailaretes, mostra ao vivo de artesanía no torno, circuitos de habelencias co péon e moitas outras actividades conforman o programa deseñado para conmemorar a VII edición deste evento.

09/09/2010
??? Imagen[1]/Alt ???

Sedega presentará en vindeiras datas a implantación do software DeporXest no concello de Fene.

DeporXest é unha aplicación informática de última xeración para a xestión das actividades e instalacións deportivas do concello, que permite entre outras cousas unha visión da ocupación das instalacións en tempo real dende calquer terminal con conexión a internet.

A aplicación, desenrolada pola empresa de software libre Egalcom en colaboración con Sedega está basada en tecnoloxías de software libre.


Sedega s.l. Servicios Deportivos de Galicia S.L.

Tfno.- 981.382.670 -- Fax.- 981.392.613 -- Móviles.- 649.981.841 /40/39

Copyright © Sedega S.L. 2010